CASPERVEK TRÍO

Caspervek Trío

Domingo 07/04/19 – 19:30
Auditorio Colexio San Narciso

Na sesión de clausura e entrega de premios do Festival contaremos coa presenza desta formación viguesa que desde 2013 musicaliza en directo os grandes clásicos do cinema mudo e converteuse nunha referencia europea dos cinema-concertos.

Cun catálogo de case unha vintena de longametraxes e varios ciclos temáticos de curtos, o grupo tocou en catorce países do continente e estivo presente en importantes escenarios da cultura europea como o Centro Cultural Conde Duque (Madrid), o Museo Nacional de Estonia, o Baltais Fligelis (Letonia) ou a Galería Flux de Budapest.

A programación didáctica e educativa foi tamén un dos grandes obxectivos de Caspervek, colaborando con festivais de cinema (Festival Primavera do Cinema, Kino Bize, Záhrada), institucións educativas (Universidade de Santiago de Compostela) ou concellos na elaboración de programacións didácticas centradas na Historia do Cinema.