CINEMA DE HISTORIAS

Cinema de Historias, dá man de Alice Guy, a nai do cinema

Domingo 07/04/19 – 12:00
Biblioteca Municipal de Marín
Impartido por RAQUEL QUEIZÁS

Este espectáculo, mestura de narración, teatro e cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nenos o amor polo cinema, descubríndolles desde as súas orixes o poder que teñen as imaxes para transmitir historias.
Todo ela a través da figura inxustamente esquecida de Alice Guy, a chamada “nai do cinema”. Esta muller fascinante foi a primeira persoa en dirixir cinema de ficción contando unha historia, ademais de actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, meiga e moito máis… Para iso o público embarcarase nunha máxica viaxe no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas.

RAQUEL QUEIZÁS

Actriz, marionetista, filóloga e, sobre todo, contadora de historias. Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental, grandes e pequenos entran a formar parte do espectáculo, sendo a participación activa e o humor pezas crave. Quizais fóra polos contos que lle contaba a súa avoa (porque a memoria dos antepasados non só é vida, senón sabedoría pura), quizais porque a nena que leva dentro segue soñando con ese mundo de fantasía, fose como fóra, os contos forman parte da súa vida persoal e profesional desde fai vinte anos.