CLIPS CON SENTIDOS

CLIPS CON SENTIDOS

Sábado 06/04/2019 – 12:00
Biblioteca Municipal de Marín
Con la colaboración de la ONCE – Organización Nacional de Ciegos Españoles

Como pode saber unha persoa cega que pasa durante unha persecución nunha película? Ou que reacción ten determinado personaxe se non di unha soa palabra?

Grazas á inestimable colaboración da ONCE – Organización Nacional de Cegos Españois, terá lugar esta actividade na que os asistentes poderán experimentar como gozan as persoas con discapacidade visual e auditiva do cinema.

Mediante clips da famosa película de Pixar “Buscando a Dori”, explicarase que é a audiodescripción, a tecnoloxía que permite utilizala durante a proxección (cada vez máis salas contan co acceso a apps que a inclúen), o proceso que permite que as persoas con discapacidade visual tela ao seu alcance… En definitiva, todo o relacionado con facilitar a accesibilidade para todo o mundo á sétima arte.

Non vos perdades esta actividade tan orixinal como interesante, que vos permitirá “ver o cinema con palabras”.