Obxectivos principais

  • Achegar ás nenas e nenos obras audiovisuais doutros países e culturas. Facilitarlles o acceso a produtos que, doutro xeito, resultaríalles moi difícil coñecer.
  • Abordar temáticas que afecten directamente á infancia e a mocidade, tanto a nivel social como emocional: o descubrir aspectos do mundo desde outra perspectiva, o enfrontarse aos medos de crecer, a fortaleza da amizade, o primeiro encontro coa dor, o reivindicarse como seres cos seus propios dereitos, o respecto ao outro e ás súas diferenzas…
  • Xerar un espazo interxeracional entre maiores e pequenos: aínda que os contidos para seleccionar teñen como público obxectivo principal os menores, deben resultar o suficientemente atractivos aos adultos para que compartan a experiencia con aqueles.
  • Mostrar as reviravoltas do mundo cinematográfico a través de talleres prácticos e actividades abertas ao público asistente.
  • Reivindicar o labor das nenas e nenos como creadores da súa propia obra audiovisual, ben cos talleres desenvoltos durante o propio evento como mediante a exhibición de traballos realizados por centros escolares.
  • Prestar especial atención ás nenas e nenos con discapacidades visuais e auditivas, ofrecéndolles a oportunidade de gozar de traballos audiovisuais coas técnicas e tecnoloxía adecuadas.