Quen somos

A Asociación Cultural “ BIG AJAJAI” xurdiu como modo de dar forma social a un grupo de amigos seguidores (por non dicir “fanáticos”…) de “A Guerra das Galaxias” que levaban anos colaborando coa asociación “Bicos de papel” (a cal realiza o importante labor de axudar a nenas e nenos oncolóxicos do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo) visitando aos pequenos ingresados indo caracterizados de personaxes da famosa saga galáctica. A idea final é usar referencias cinematográficas moi coñecidas entre os máis pequenos e novos para, por unha banda, achegarlles ao mundo do cinema e a súa narrativa; e, por outro, o realizar actividades que xeren un tecido social entre os colectivos máis desfavorecidos.

Ademais deste “INFANCINEMARÍN”, o pasado Nadal realizamos un evento benéfico en favor da citada “Bicos de Papel”; e entre os proxectos futuros da Asociación atópase a realización de obradoiros para nenas e nenos que van desde a realización de curtas e stop- motion, caracterización de personaxes de ficción ou pintura de miniaturas, pasando por clases de “esgrima Jedi” ou “repostería da sétima arte”.