TALLER DE DOBRAXE

TALLER DE DOBRAXE

Sábado 06/04/2019 – 18:00 (de 13 a 16 anos)
Domingo 07/04/2019 – 17:00 (de 9 a 12 anos)
Colexio San Narciso

Da man (e voz) da coñecida actriz marinense Mayka Braña, as nenas e nenos asistentes recibirán unha primeira aproximación ao apaixonante mundo da dobraxe (disciplina artística de gran calado na nosa comunidade).

Así coñecerán cales son os pasos á hora de dobrar unha película, os segredos dunha boa dicción, como coidar a súa voz, conceptos como ” takes” ou ” sincronización”, reforzar a comprensión lectora… pero o máis importante: xogando e divertíndose.