TALLER DE STOP-MOTION

TALLER DE STOP-MOTION

Sábado 06/04/2019 – 16:30 y 18:30
Colegio San Narciso
Impartido por CEO ABERTO

A actividade, de carácter eminentemente práctico, consistirá nunha iniciación á técnica cinematográfica do Stop Motion. – consistente en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas -.
Así, tras coñecer as súas bases técnicas e os rudimentos do programa informático que utilizaremos, as nenas e nenos participantes mergullaranse na creación da súa propia animación. Para iso, terán á súa disposición diferentes elementos que lles permitan crear o seu primeiro proxecto audiovisual.